venres, 30 de xaneiro de 2026

30 de xaneiro día escolar da non violencia e da paz.

 Hoxe o noso patio encheuse de cor e ilusión coa actividade da paz. Cada neno e nena elaborou o seu propio símbolo da paz empregando materiais tan diversos como cartón, lá, papel, flores e tea, creando así unha explosión de creatividade e alegría.

Para completar o acto, soltamos dous globiños con forma de pombas , que voaron simbolicamente cara ao ceo levando connosco un desexo dun mundo solidario e libre de violencia.

Foi unha xornada sinxela pero chea de significado, na que o alumnado aprendeu que a paz tamén se constrúe con pequenos xestos. 




luns, 19 de xaneiro de 2026

ComunicArte, Comunicación, convivencia e Benestar para a comunidade educativa.

 O pasado martes iniciamos a nosa primeira sesión do programa ComunicArte. Este programa está orientado a toda a comunidade educativa e pretende contribuír ao benestar dos seus membros e previr a violencia en todas as súas formas, achegando ferramentas e estratexias en materia de comunicación respectuosa, comunicación non violenta, xestión emocional, negociación e resolución de conflitos, entre outras. Todo isto desenvolverase a través de talleres teórico-prácticos que desfrutaremos ao longo das vindeiras semanas.

Grazas, Verónica e Vanesa, por facernos pasar un anaco ben divertido e cheo de aprendizaxe e reflexión!