Os nosos ancestros de orixe celta xa tallaban cabazas (máis ben, nabos) para facer uns farois que guiasen aos espíritos bos e espantasen aos malos na noite en que se abrían as portas do alén.
Grazas, familias, pola vosa colaboración!

Chegou o día de encher os nosos cornetes de castañas. Si, xa sabemos que son cestas... pero quedáronnos ben feitiñas! E ademais, reutilizando materiais. 🍂
Hoxe celebramos un gran día para as bibliotecas escolares e, en especial, para a do noso Cusquiño. Facede clic aquí para entrar no blog da biblioteca e ver algunhas fotos desta xornada.
O día comezou da mellor forma: con risas, moita maxia e I-MA-XI-NA-CIÓN! Rimos a esgalla co Mago Paco na Casa da Cultura, quen desta vez combinou os trucos coas historias que agochan os libros.
A Carteira de Augasclaras tiña cartas para nós, unhas cartas que nos levaron a tres contacontos sobre tres fantásticos libros: "Artur e Clementina", "Rosa Caramelo" e "Eu vou comigo". Aparte de facernos reflexionar sobre a igualdade de xénero, quedamos encantados cos personaxes e coa narración de Carmen. 👏
Nestas semanas, os feitos acontecidos en La Palma fixeron que quixeramos coñecer un pouco máis os fenómenos dos volcáns.
Averiguamos, coa axuda das tablets e a realidade aumentada, como son por dentro.