Que ben o pasamos, rimos, cantamos, bailamos, desfrutamos das acutacións dos nosos compañeiros e compañeiras e agora...toca descansar para voltar con forza!!
martes, 27 de decembro de 2022
domingo, 27 de novembro de 2022
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
martes, 22 de novembro de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA 20 DE NOVEMBRO
xoves, 17 de novembro de 2022
DÍA DO PEÓN
mércores, 16 de novembro de 2022
VISITA Á BIBLIOTECA DE NARÓN E AO TEATRO
luns, 31 de outubro de 2022
SAMAÍN 2022
A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santo.
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Celebramos o día das bibliotecas baixo o lema deste curso "Biblio TEcuida" que se centra en destacar o papel das bibliotecas de distinta tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen.
Deixámosvos mostra do ben que o pasamos.
DÍA DAS BIBLIOTECAS NA CASA DA CULTURA
Sen dúbida un día cheo de maxia, diversión e emocións, gracias á biblioteca municipal da Capela por convidarnos.
xoves, 23 de xuño de 2022
FESTA DE FIN DE CURSO!
luns, 20 de xuño de 2022
VISITA Á GRANXA ESCOLA BELELLE
Hoxe pasamos unha gran xornada na Granxa Escola Belelle, en Neda.
Aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría, desfrutamos igualmente das actividades que as monitoras nos tiñan preparadas nos dous obradoiros: o do pan e o de equitación. Aprendemos e divertímonos moito!
domingo, 19 de xuño de 2022
CONCURSO DE LETTERING
Esta semana participamos no concurso de lettering que organizaron os/as nosos/as compañeiros/as de 6º, con entrega de premios incluida. 👏
sábado, 4 de xuño de 2022
MULLERES EMPODERADAS
Os pasados 27 de maio e 3 de xuño participamos nas actividades organizadas polo Concello da Capela baixo o lema "Mulleres empoderadas" (actividade enmarcada dentro do Pacto contra a Violencia de Xénero).
Na primeira das sesións, UN FIN EMPODERADO, versionamos un conto clásico cambiando o rol das protagonistas femininas.💜
Na última sesión, COCIÑA SEN XÉNERO, tíñannos preparada unha búsqueda do tesouro con imaxes de diferentes cociñeiros e cociñeiras e pistas para dar cos ingredientes dunha receita. Como o fixemos tan ben, levamos de premio unha merenda saudable e moitas máis cousas.
Graciñas!
xoves, 2 de xuño de 2022
IMPRIMINDO EN 3D!
Hoxe coñecemos o funcionamento dunha nova ferramenta que nos trouxo Cusco, a impresora 3D. Mentres se imprimía a figura dun esquío, argallamos e probamos a deseñar os nosos propios modelos co programa Doodle3D. Como primeira toma de contacto, non estivo mal!