venres, 20 de decembro de 2024

Bo nadal!

 Rematamos o primeiro trimestre e...despois de tanto esforzo... desfrutamos dun día inesquecible no que tivemos unha axenda moi apretada.

GRAZAS Á ANPA E AO CONCELLO!











luns, 25 de novembro de 2024

"Os superheroes da escola."

Esta mañá visitounos Miriam León, autora do conto "os superheroes da escola" este libro conta unha historia que narra a experiencia de Lucas, un neno que sofre acoso escolar en silencio e convértese no defensor dos máis vulnerables no seu colexio, enfrontando o acoso con valentía e determinación.

Miriam leunos o conto, agasallounos cun anteface de superheroes e a través do xogo e diferentes pistas axudounos a descubrir unha mensaxe moi importante "TODOS XUNTOS LOITAMOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR"

Grazas á nosa ANPA 💓 por facer posible esta actividade.




Saída á sede Afundación Obra Social ABANCA de Ferrol.

O pasado venres visitamos a macroexposición SIMULTÄNEA centrada na Colección de Arte e Fundación na que puidemos visitar as obras  de fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación. Tamén pasamos un anaco xogando todos xuntos no parque do Cantón, pasámolo xenial, deixamos unhas imaxes que os demostran!




venres, 22 de novembro de 2024

20 de Novembro. Día universal da infancia.

Estes días artellamos uns obradoiros sobre xogos de mesa nos que o pasamos xenial,primeiro aprensemos e despois ensinamos aos nosos e nosas compañeiros e compañeiras. 
Deixamos ademais unhas imaxes do mural colaborativo que fixemos todo o cole e no que quixemos visibilizar algúns dereitos dos nenos e nenas, entre os que por suposto se atopa o xogo.

martes, 12 de novembro de 2024

Día do peón e magosto.

Castañas, exhibición de modalidades de bailes do peón e xogos tradicionais, que boa mestura!






sábado, 19 de outubro de 2024

Descubrindo fortalezas

Cada neno e nena é diferente, único e con diferentes fortalezas e talentos. Esta semana levamos a cabo unha actividade na que entre todas e todos descubrimos os nosos superpoderes, algúns coñecidos e outros... que nos fixeron reflexionar sobre como nos ven os nosos compañeiros e compañeiras.



sábado, 29 de xuño de 2024

Último día de curso

 Deporte, merenda de chocolate con churros e algo de xogo foi o que nos ocupou nunha mañá chea de emocións na que se mestura a alegría de marchar de vacacións e ao mesmo tempo aflora a mágoa de despedirnos por un tempo... bo verán rapazada!❤





venres, 28 de xuño de 2024

Excursión a CÓRAX FAUNA

 O pasado 20 de xuño viaxamos a Paderne para visitar CÓRAX FAULA, un día inesquecible no que desenvolvemos actitudes de afecto e respeto hacia o medio ambiente e a biodiversidade dirixidos por Javi, quen nos explicou moitas curiosidades  sobre diferentes animais







mércores, 29 de maio de 2024

Obradoiro de emocións con Teatro Calavera

Continuamos a traballar as emocións co fin de logar que o alumnado adquira as competencias emocionais que lle permitan aumentar o seu nivel de benestar persoal e que se convirtan en persoas responsables, comprometidas e colaboradoras.
Este martes, compartimos con Marian unha xornada ben divertida, comezamos vendo unha curtametraxe: "Superpopular", na que se trata o acoso escolar, as emocións e a empatía, depois fixemos diferentes dinámicas que nos permitiron afondar na identificación das diferentes emocións e finalmente, a través dun "Role-Paying" representamos diferentes situacións de acoso, o que nos permitiu identificar situacións de acoso e tamén desenvolver a nosa empatía e ser capaces de imaxinar como se sinten os nenos e nenas que reciben calquer tipo de acoso.



Inside Out


Cine en Mosteiro de Caaveiro! todo o cole visionamos a película Inside Out, unha divertida película na que aprendemos moito sobre as nosas emocións... Riley é unha rapaza que goza ou sofre de todo tipo de sentimentos. Aínda que a súa vida estivo marcada pola Alegría, tamén se ve afectada por outro tipo de emocións. O que Riley non entende moi ben é por que a tristeza ten que existir na súa vida. Unha serie de acontecementos provocan que Joy e Sadness se vexan implicados nunha perigosa aventura que poñerá patas arriba o mundo de Riley.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do ben que o pasamos!



domingo, 12 de maio de 2024

Luisa Villalta. Letras galegas 2024.

 Con motivo da celebración das letras galegas 2024, adicadas a Luisa Villalta, o pasado venres tivemos no cole a Rebeca de Trémola teatro, pasamos un anaco ben divertido gozando dun contacontos teatralizado co que aprendemos moito da vida de Luisa, unha muller que a pesar de ter unha vida curta vida, foi unha escritora, filóloga e violinista de éxito.  










venres, 26 de abril de 2024

Visítanos Estefanía Padullés

O pasado venres 19 de abril recibimos no cole a visita da ilustradora e escritora catalana (residente en Galicia) Estefanía Padullés.

O alumnado de 2º ciclo liu nas ultimas semanas unha das súas obras, titulada "Mª Pita e o Pirata". Xusto despois do recreo, ás 12:30, as nenas e nenos do 2º ciclo baixaron á aula de música (onde lles recibiría Estefanía) onde lles esperaría unha hora coa autora.

A parte de ensinarlles as ilustracións orixinais que acompañan as historias que conta nos libros que publica, fixo algunha demostración en directo da rapidez e a habilidade coa que fai os debuxos e máis adicou un tempo a asinar libro por libro cada un dos exemplares que tiñan os nenos de todos os cursos e tamén os da biblioteca escolar.

Dende o cole, aproveitamos este espazo para agradecer a Estefanía a súa visita e máis para desexarlle toda a sorte do mundo nas súas andanzas nunha profesión tan bonita como a de crear historias para o gozo e o lecer dos máis novos.

Obradoido sobre "Book Trailers"

 Con motivo da promoción da biblioteca creativa, e a proximidade tanto da visita da autora Estefanía Padullés como a celebración do día do libro, o pasado martes 9 de abril o alumnado de 4º de EP, xunto ao de 5º e 6º, tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro para aprender que é un "book trailer" e como se fai. 

Aínda que o alumnado de 3º non asistíu ao obradoiro, si que fixo igualmente o seu propio book trailer do libro que limos no 2º ciclo: Mª Pita e o Pirata, da autora mencionada con anterioridade.

Se facedes click abaixo, seredes redirixidos ao blog da biblioteca do cole, onde poderedes ver non só os book trailers das rapaces e rapazas de 2º ciclo senón tamén os 7 que se fixeron entre os demáis cursos.

BOOK TRAILERS

Agardamos que vos gusten! Apertas!

martes, 27 de febreiro de 2024

"Has de cantar" (Rosalía de Castro)

Para celebrar o día de Rosalía de Castro, o alumnado do 2º ciclo de EP recitou o poema da autora titulado "Has de cantar".

Deixámosvos o vídeo para que o disfrutedes, como puidemos facelo nós en directo. Saúdos!



xoves, 15 de febreiro de 2024

Entroido 2024

Un entroido pasado por auga, este ano foi protaganista a vida mariña e a concienciación sobre o coidado dos nosos mares e océanos.

Foi un día con moita actividade, comezamos con sesión de fotos para continuar coa actuación de Silbarda despois tivo lugar o desfile no que mostramos os nosos traxes de entroido, seguimos co xuízo do Meco e para coller forzas para o baile...tomamos unha merenda ben rica, chocolate con churros!😋




sábado, 3 de febreiro de 2024

30 de xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz


Coma cada 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e da paz. Construímos a árbore da paz, para isto cada neno e nena elaborou un símbolo relacionado co que representa a paz para eles e elas,  e...mirade que bonita nos quedou!
Grazas familias pola vosa colaboración!❤




Bailamos a canción de Álvaro Soler  "Bajo el mismo sol", grazas David pola paciencia!, e despois desfrutamos duns divertidos xogos cooperativos e colaborativos que preparou o profe Fer.




venres, 5 de xaneiro de 2024

Festival de Nadal

Como xa sabedes, o xoves día 21 de decembro, último día lectivo do primeiro trimestre, celebramos no cole o tradicional Festival de Nadal. O alumnado do 2º ciclo de EP levaba semanas preparando e ensaiando unha coreografía para a canción de "Feliz Navidad", cos titores e especialmente con David, o mestre de música. 

Tod@s eles asistiron disfrazados de elfos e fixeron unha fantástica actuación para contribuir ao desenvolvemento dun festival que gustou moito a pequenos e maiores. 

Deixámosvos unhas imaxes do día. BO NADAL!