A nosa nova amiga, a odontopediatra Lucía Villar falounos da importancia do coidado diario dos nosos dentes. Explicounos cal é a mellor maneira de coidalos para ter un bonito sorriso e, sobre todo, unha boa saúde bucodental. A verdade é que a maioría dos consellos que nos deu xa os sabiamos, pero outros non e agora somos máis conscientes da importancia de coidar moi ben as nosas pezas dentais. Esperamos que non se nos esqueza... 😁😁😁
venres, 10 de abril de 2026
mércores, 25 de marzo de 2026
8M
Coma cada ano celebramos no cole o 8 de marzo, para homenaxear a todas as mulleres do mundo, ás que lles debemos todo o que somos e mesmo a nosa propia existencia. Este ano tivemos un contacontos teatralizado titulado "E ti que queres ser de maior?" que nos trouxo a nosa querida ANPA. Pasamos un rato moi divertido e aprendemos cousas interesantes sobre algunhas mulleres importantes ao longo da Historia. Aínda que para nós todas son moi importantes!
Tamén quixemos facer un agasallo para as nosas nais, avoas, amigas, etc. Quedounos bastante ben e gustoulles moito!
💓💓💓💓
Día de Rosalía. 23 de febreiro de 2026
Durante a xornada, os nenos e nenas ofreceron unha interesante presentación sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, achegándonos á figura dunha das escritoras máis importantes da nosa literatura. Ademais, emocionaron a toda a comunidade educativa coa recitación de varios dos seus poemas máis coñecidos.
Como parte da celebración, tamén coordinaron a elaboración dun mural colectivo que xa loce na entrada do colexio, enchendo o espazo de cor e cretividade.
Para máis información e detalles sobre as actividades realizadas, podedes visitar o blog da biblioteca do centro facendo clic aquí
luns, 2 de marzo de 2026
venres, 6 de febreiro de 2026
Formación en seguridade e saúde
Hoxe tivemos unha charla moi interesante coas doutoras Patricia Martínez, Ágata Vázquez e Maurenis Alonso, que viñeron ao colexio para falarnos do 112 e de como actuar nunha emerxencia. Aprendemos a poñer a unha persoa na posición de seguridade, a chamar pedindo axuda e tamén que é a respiración cardiopulmonar (RCP). Foi unha experiencia moi importante, porque agora sabemos como axudar se alguén o necesita.
Grazas pola vosa visita! 💙
venres, 30 de xaneiro de 2026
30 de xaneiro día escolar da non violencia e da paz.
Hoxe o noso patio encheuse de cor e ilusión coa actividade da paz. Cada neno e nena elaborou o seu propio símbolo da paz empregando materiais tan diversos como cartón, lá, papel, flores e tea, creando así unha explosión de creatividade e alegría.
Para completar o acto, soltamos dous globiños con forma de pombas , que voaron simbolicamente cara ao ceo levando connosco un desexo dun mundo solidario e libre de violencia.
Foi unha xornada sinxela pero chea de significado, na que o alumnado aprendeu que a paz tamén se constrúe con pequenos xestos.
luns, 19 de xaneiro de 2026
ComunicArte, Comunicación, convivencia e Benestar para a comunidade educativa.
O pasado martes iniciamos a nosa primeira sesión do programa ComunicArte. Este programa está orientado a toda a comunidade educativa e pretende contribuír ao benestar dos seus membros e previr a violencia en todas as súas formas, achegando ferramentas e estratexias en materia de comunicación respectuosa, comunicación non violenta, xestión emocional, negociación e resolución de conflitos, entre outras. Todo isto desenvolverase a través de talleres teórico-prácticos que desfrutaremos ao longo das vindeiras semanas.
Grazas, Verónica e Vanesa, por facernos pasar un anaco ben divertido e cheo de aprendizaxe e reflexión!
.jpeg)








.jpeg)