Durante a mañá do pasado xoves 13 gozamos dun concerto didáctico marabilloso ofrecido pola banda do Terzo Norte da Armada, e...sabedes que? Tivemos un director de bada moi especial, o noso compañeiro Noé👏
Tamén visitamos o Museo de Historia Natural de Ferrol onde tivemos a oportunidade de admirar herbarios, algarios, insectos, o esqueleto dunha balea común de 18m, dermoplastias de cetáceos, focas e tartarugas, raras especies de quenllas, cunchas...
Grazas á Banda do Terzo Norte e a Rebeca do MHN de Ferrol por compartir tanto coñecemento e tanta paixón polo que facedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario