venres, 15 de maio de 2026

Letras galegas 2026

 O 17 de maio celébrase, dende 1963, o Día das Letras Galegas. Ao longo desta semana xa estivemos traballando na clase a vida e a obra de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano. 

E como fin de festa, as nenas e os nenos que van á actividade de pandeireta agasalláronnos cun fermoso concerto no que amosaron a súa arte cantando e tocando. Foi realmente espectacular! Noraboa a todos e todas!

💓💓💓💓









mércores, 6 de maio de 2026

Un día de radio

Hoxe tivemos a visita de Damián, formador e actor de doblaxe. Ensinounos como facer un programa de radio, dende escribir un guión ata falar diante do micro e controlar todos os aspectos técnicos. Foi unha mañá diferente e moi divertida. Poidemos estrear todo o material da aula de radio do cole e pasámolo xenial gravando un programa entre todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Aprendemos moito e estamos desexando traballar máis con este medio tan apaixoante que nos permite facer cousas xeniais!

Moitas grazas Damián!!!!

💚💚💚💚







martes, 5 de maio de 2026

Exhibición solidaria da Garda Civil en Pontedeume

A Garda Civil celebrou  unha exhibición solidaria no Pavillón Municipal de Deportes “A Casqueira” de Pontedeume, unha xornada  na  que puidemos coñecer de preto o traballo dalgunhas das súas especialidades e capacidades operativas.

Desfrutamos de demostracións en directo das súas técnicas de intervención e do seu labor diario así coma do instrumental, equipos de protección, vehículos... que empregan no seu traballo diario. 

Ademais os nenos e nenas tiveron a oportunidade de colaborar coa doazón de alimentos non perecedoiros, que serán destinados a entidades sociais locais. Un pequeno xesto pode marcar a diferenza para moitas familias.