Segundo Ciclo de E. P.
martes, 23 de xuño de 2026
Fin de curso
O tempo pasou voando e, aínda que pareza mentira, o curso 2025-26 xa é historia. Foi un ano cheo de aprendizaxes, diversión, momentos inesquecibles cos nosos compis e mestres/as... E para rematar, o xoves pasámolo xenial na excursión a Roq Park, en Viveiro e o venres, coma sempre, tivemos a festa de fin de curso que nos trouxo a nosa querida ANPA. Ademais, tamén nos visitou o mago Dani, sempre tan orixinal e sorprendente.
Agora toca descansar e recargar as pilas para voltar en setembro coas mochilas cargadas de ilusión.
Feliz verán!!!! 💓💓💓💓💓💓
luns, 8 de xuño de 2026
Día do Medio Ambiente no río Sesín
O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para conmemorar esta data tan importante desprazámonos ata o río Sesín cos nosos compis de quinto e sexto. Da man do noso amigo Ángel, de EuroEume, fixemos varios traballos de investigación sobre as distintas especies vexetais e animais deste ecosistema. Foi unha xornada moi especial para seguir apreciando a riqueza paisaxística e a grande biodiversidade que temos a sorte de atopar na nosa contorna. Todos e todas somos responsables de seguir coidando este tesouro natural para que as xeracións futuras poidan disfrutar del coma nós agora.
Grazas Ángel! 💚💚💚💚💚
venres, 15 de maio de 2026
Letras galegas 2026
O 17 de maio celébrase, dende 1963, o Día das Letras Galegas. Ao longo desta semana xa estivemos traballando na clase a vida e a obra de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano.
E como fin de festa, as nenas e os nenos que van á actividade de pandeireta agasalláronnos cun fermoso concerto no que amosaron a súa arte cantando e tocando. Foi realmente espectacular! Noraboa a todos e todas!
💓💓💓💓
mércores, 6 de maio de 2026
Un día de radio
Hoxe tivemos a visita de Damián, formador e actor de doblaxe. Ensinounos como facer un programa de radio, dende escribir un guión ata falar diante do micro e controlar todos os aspectos técnicos. Foi unha mañá diferente e moi divertida. Poidemos estrear todo o material da aula de radio do cole e pasámolo xenial gravando un programa entre todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Aprendemos moito e estamos desexando traballar máis con este medio tan apaixoante que nos permite facer cousas xeniais!
Moitas grazas Damián!!!!
💚💚💚💚
martes, 5 de maio de 2026
Exhibición solidaria da Garda Civil en Pontedeume
A Garda Civil celebrou unha exhibición solidaria no Pavillón Municipal de Deportes “A Casqueira” de Pontedeume, unha xornada na que puidemos coñecer de preto o traballo dalgunhas das súas especialidades e capacidades operativas.
Desfrutamos de demostracións en directo das súas técnicas de intervención e do seu labor diario así coma do instrumental, equipos de protección, vehículos... que empregan no seu traballo diario.
Ademais os nenos e nenas tiveron a oportunidade de colaborar coa doazón de alimentos non perecedoiros, que serán destinados a entidades sociais locais. Un pequeno xesto pode marcar a diferenza para moitas familias.
xoves, 30 de abril de 2026
Padriños e madriñas de lectura
Imos repetir esta actividade o vindeiro mes e xa estamos contando os días...
💓💓💓💓







.jpeg)













