martes, 23 de xuño de 2026

Bo verán!



Fin de curso

 O tempo pasou voando e, aínda que pareza mentira, o curso 2025-26 xa é historia. Foi un ano cheo de aprendizaxes, diversión, momentos inesquecibles cos nosos compis e mestres/as... E para rematar, o xoves pasámolo xenial na excursión a Roq Park, en Viveiro e o venres, coma sempre, tivemos a festa de fin de curso que nos trouxo a nosa querida ANPA. Ademais, tamén nos visitou o mago Dani, sempre tan orixinal e sorprendente.

Agora toca descansar  e recargar as pilas para voltar en setembro coas mochilas cargadas de ilusión.

Feliz verán!!!!  💓💓💓💓💓💓












luns, 8 de xuño de 2026

Día do Medio Ambiente no río Sesín

 O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para conmemorar esta data tan importante desprazámonos ata o río Sesín cos nosos compis de quinto e sexto. Da man do noso amigo Ángel, de EuroEume, fixemos varios traballos de investigación sobre as distintas especies vexetais e animais deste ecosistema. Foi unha xornada moi especial para seguir apreciando a riqueza paisaxística e a grande biodiversidade que temos a sorte de atopar na nosa contorna. Todos e todas somos responsables de seguir coidando este tesouro natural para que as xeracións futuras poidan disfrutar del coma nós agora.

Grazas Ángel!        💚💚💚💚💚