Onte os rapaces de 3º e 4º tivemos o primeiro contacto co mundo da robótica comezando pola montaxe dos Escornabots e os Mbots.
Pasámolo fenomenal!
Onte os rapaces de 3º e 4º tivemos o primeiro contacto co mundo da robótica comezando pola montaxe dos Escornabots e os Mbots.
Pasámolo fenomenal!
O venres pasado celebramos o Magosto e o Samaín.
A 1ª hora fixemos os conos das castañas e decoramos a clase con mandalas, morcegos, bruxas, pantasmas...
A 2ª hora baixamos o pavillón e participamos nos xogos populares que tiña preparados Iván, o mestre de Educación Física.
A 3ª hora cantamos e gravamos con Sandra, a mestra de Lingua Inglesa, a banda sonora da película "A familia Adams".Onte, na hora de ler recibimos a visita de Cusco e tróuxonos unha gran sorpresa...A MOCHILA VIAXEIRA! Dentro dela podedes atopar libros de temáticas diferentes. Espero que desfrutedes!
Hoxe fomos á Casa da Cultura convidados pola Biblioteca a ver "Estrafalaria" de Atenea García.
Pasámolo moi ben!