sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN

 Os nosos ancestros de orixe celta xa tallaban cabazas (máis ben, nabos) para facer uns farois que guiasen aos espíritos bos e espantasen aos malos na noite en que se abrían as portas do alén. 

Grazas, familias, pola vosa colaboración!



venres, 29 de outubro de 2021

MAGOSTO!

Chegou o día de encher os nosos cornetes de castañas. Si, xa sabemos que son cestas... pero quedáronnos ben feitiñas! E ademais, reutilizando materiais. 🍂


Ao igual que o Samaín, outra celebración tradicional en Galicia marca tamén o paso do verán ao outono: o Magosto. Unha festa arredor das castañas e do lume para celebrar cos veciños e disfrutar de xogos tradicionais, bailes e contos.









venres, 22 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe celebramos un gran día para as bibliotecas escolares e, en especial, para a do noso Cusquiño. Facede clic aquí para entrar no blog da biblioteca e ver algunhas fotos desta xornada. 

O día comezou da mellor forma: con risas, moita maxia e I-MA-XI-NA-CIÓN! Rimos a esgalla co Mago Paco na Casa da Cultura, quen desta vez combinou os trucos coas historias que agochan os libros.






Xa no colexio, o alumnado de 6º (e colaborador da biblioteca) fíxonos rir, aplaudir e desfrutar dunha sesión de contacontos que prepararon durante estas semanas. Que artistas! 


Tamén nos revelaron os finalistas do concurso de slogans de animación á lectura. Noraboa a Xoel e a Ainara e Andrea por ese nomeamento compartido!

E como broche final, un bocado doce coa galleta que nos agasallou Cusco🐭. Graciñas amigo!


sábado, 16 de outubro de 2021

VISITA Á CASA DA CULTURA: A carteira de Augasclaras

 A Carteira de Augasclaras tiña cartas para nós, unhas cartas que nos levaron a tres contacontos sobre tres fantásticos libros: "Artur e Clementina", "Rosa Caramelo" e "Eu vou comigo". Aparte de facernos reflexionar sobre a igualdade de xénero, quedamos encantados cos personaxes e coa narración de Carmen. 👏




mércores, 6 de outubro de 2021

COÑECENDO OS VOLCÁNS

Nestas semanas, os feitos acontecidos en La Palma fixeron que quixeramos coñecer un pouco máis os fenómenos dos volcáns. 

Averiguamos, coa axuda das tablets e a realidade aumentada, como son por dentro. 


E tamén comezamos a crear a nosa propia maqueta. Xa vos contaremos o resultado!



mércores, 29 de setembro de 2021

VISITA Á CASA DA CULTURA: Dámoslle a volta ao conto!

 Hoxe achegámosnos de novo á Casa da Cultura. Alí, Raquel Queizás presentounos os "contracontos", versións pouco coñecidas das historias de sempre que nos fixeron rir e reflexionar a partes iguais. 




venres, 24 de setembro de 2021

VISITA Á CASA DA CULTURA: Maxia divertida 3.0

Maxia, risas, aplausos e diversión! Que ben o pasamos na actuación do Mago Paco. Graciñas á Biblioteca Municipal por convidarnos.