luns, 16 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 Cusco vén de publicar unha nova entrada no seu blogue. Lembrade pasarvos por alí para ver unhas fotiñas e máis un video resumindo a gran xornada coa que festexamos un dos días máis importantes para o noso idioma. Se queredes chegar antes, facede clic aquí.

Déixovos de novo o vídeo sobre Florencio Delgado Gurriarán que vimos na clase e algúns dos xogos que tamén tedes na aula virtual.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

xoves, 5 de maio de 2022

PREVENCIÓN DE INCENDIOS E VISITA Á CENTRAL DO EUME

Onte de novo puidemos desfrutar dunha xornada ao aire libre. 

Luz explicounos estupendamente os factores que inflúen na propagación de incendios e tamén como previlos e manter o noso monte nas condicións axeitadas.

Deseguida puxemos rumbo a un dos recantos do noso monte máis próximo con tres finalidades: visitar a Central Hidroeléctrica do Eume, realizar un pequeno roteiro ata a antiga central e continuar coa actividade de prevención de incendios que comezaramos no cole participando nunha ginkana. Ah! E merendar nunha contorna inigualable, por suposto.

Graciñas a todos os que colaborastes neste gran día: o concello da Capela, Luz e Secundino. 

Eu miro polo meu monte!








martes, 3 de maio de 2022

PROGRAMA CONVÍVE-T

Coñecer as nosas emocións e aprender a manexalas de forma adecuada permitiranos sentirnos mellor con nós mesmos e a manter unha relación adecuada cos demais. 
No obradoiro de hoxe divertímonos e reflexionamos a partes iguais.

domingo, 1 de maio de 2022

PROXECTO RÍOS: Ribeira do Sesín

Os ríos e os bosques de ribeira posúen un valor natural incalculable. Na saída de hoxe, coa axuda dun membro de ADEGA, puidemos observar e poñer en valor unha pequena parte desa biodiversidade. Lembrade entrar no blogue da biblio para coñecer máis sobre esta actividade.



venres, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022 - Visita de Charo Pita

Esta mañá visitounos a autora do libro que estivemos lendo recentemente: Andar aos biosbardos. Ademais de falar con ela sobre as personaxes e os contos baixo o freixo engurrado que dan forma a ese libro, asinou os nosos exemplares, ofreceunos a divertida historia de A rúa da Tixola e sobre todo, conseguiu que esa sesión nos soubese a pouco coa súa xenial forma de narrar. 

 Entra no blog da biblio para coñecer máis sobre a conmemoración do Día do Libro no noso cole.



mércores, 20 de abril de 2022

SEMENTAR, SEMENTAREI...

 Seguimos co noso "minihorto". Hoxe sementamos leitugas, cenorias e tomates. A ver se conseguimos facer unha boa ensalada dentro dunhas semaniñas. 🌱



xoves, 7 de abril de 2022

EXHIBICIÓN: UNIDADE CANINA DE RESCATE

A asociación Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA) ofreceunos hoxe unha demostración da súa importante labor. Encantounos ver o ben que traballan estes amiguiños de catro patas: Arnold, Thor e Anka. 🐾