xoves, 23 de xuño de 2022

FESTA DE FIN DE CURSO!

Despedimos o curso cunha gran festa agasallo da ANPA na que non faltou de nada: inchables, fútbol en burbulla, scape room, chapas, música, baile, etc. Pasámolo xenial, gracias!

Bo verán! Vémonos en setembro 😉🌞






luns, 20 de xuño de 2022

VISITA Á GRANXA ESCOLA BELELLE

Hoxe pasamos unha gran xornada na Granxa Escola Belelle, en Neda.

Aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría, desfrutamos igualmente das actividades que as monitoras nos tiñan preparadas nos dous obradoiros: o do pan e o de equitación. Aprendemos e divertímonos moito!

🍞🐎🌳







domingo, 19 de xuño de 2022

CONCURSO DE LETTERING

 Esta semana participamos no concurso de lettering que organizaron os/as nosos/as compañeiros/as de 6º, con entrega de premios incluida. 👏




sábado, 4 de xuño de 2022

MULLERES EMPODERADAS

Os pasados 27 de maio e 3 de xuño participamos nas actividades organizadas polo Concello da Capela baixo o lema "Mulleres empoderadas" (actividade enmarcada dentro do Pacto contra a Violencia de Xénero). 

Na primeira das sesións, UN FIN EMPODERADO, versionamos un conto clásico cambiando o rol das protagonistas femininas.💜 


Na última sesión, COCIÑA SEN XÉNERO, tíñannos preparada unha búsqueda do tesouro con imaxes de diferentes cociñeiros e cociñeiras e pistas para dar cos ingredientes dunha receita. Como o fixemos tan ben, levamos de premio unha merenda saudable e moitas máis cousas. 

Graciñas! 



xoves, 2 de xuño de 2022

IMPRIMINDO EN 3D!

 Hoxe coñecemos o funcionamento dunha nova ferramenta que nos trouxo Cusco, a impresora 3D. Mentres se imprimía a figura dun esquío, argallamos e probamos a deseñar os nosos propios modelos co programa Doodle3D. Como primeira toma de contacto, non estivo mal! 





luns, 16 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 Cusco vén de publicar unha nova entrada no seu blogue. Lembrade pasarvos por alí para ver unhas fotiñas e máis un video resumindo a gran xornada coa que festexamos un dos días máis importantes para o noso idioma. Se queredes chegar antes, facede clic aquí.

Déixovos de novo o vídeo sobre Florencio Delgado Gurriarán que vimos na clase e algúns dos xogos que tamén tedes na aula virtual.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

xoves, 5 de maio de 2022

PREVENCIÓN DE INCENDIOS E VISITA Á CENTRAL DO EUME

Onte de novo puidemos desfrutar dunha xornada ao aire libre. 

Luz explicounos estupendamente os factores que inflúen na propagación de incendios e tamén como previlos e manter o noso monte nas condicións axeitadas.

Deseguida puxemos rumbo a un dos recantos do noso monte máis próximo con tres finalidades: visitar a Central Hidroeléctrica do Eume, realizar un pequeno roteiro ata a antiga central e continuar coa actividade de prevención de incendios que comezaramos no cole participando nunha ginkana. Ah! E merendar nunha contorna inigualable, por suposto.

Graciñas a todos os que colaborastes neste gran día: o concello da Capela, Luz e Secundino. 

Eu miro polo meu monte!