luns, 17 de febreiro de 2025
De que está feito o meu corazón?
O pasado venres o alumnado do segundo ciclo levou a cabo unha actividade na que montamos un corazón, superpoñendo diferentes corazóns, cada un con un dos esenciais para todos os corazóns. Actividade de reflexión, autocoñecemento, desenvolvemento da creatividade e como non...de diversión!
luns, 3 de febreiro de 2025
venres, 20 de decembro de 2024
Bo nadal!
Rematamos o primeiro trimestre e...despois de tanto esforzo... desfrutamos dun día inesquecible no que tivemos unha axenda moi apretada.
GRAZAS Á ANPA E AO CONCELLO!
luns, 25 de novembro de 2024
"Os superheroes da escola."
Esta mañá visitounos Miriam León, autora do conto "os superheroes da escola" este libro conta unha historia que narra a experiencia de Lucas, un neno que sofre acoso escolar en silencio e convértese no defensor dos máis vulnerables no seu colexio, enfrontando o acoso con valentía e determinación.
Miriam leunos o conto, agasallounos cun anteface de superheroes e a través do xogo e diferentes pistas axudounos a descubrir unha mensaxe moi importante "TODOS XUNTOS LOITAMOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR"
Grazas á nosa ANPA 💓 por facer posible esta actividade.
Saída á sede Afundación Obra Social ABANCA de Ferrol.
O pasado venres visitamos a macroexposición SIMULTÄNEA centrada na Colección de Arte e Fundación na que puidemos visitar as obras de fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación.
Tamén pasamos un anaco xogando todos xuntos no parque do Cantón, pasámolo xenial, deixamos unhas imaxes que os demostran!
venres, 22 de novembro de 2024
20 de Novembro. Día universal da infancia.
Estes días artellamos uns obradoiros sobre xogos de mesa nos que o pasamos xenial,primeiro aprensemos e despois ensinamos aos nosos e nosas compañeiros e compañeiras.
martes, 12 de novembro de 2024
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)


.jpeg)




.jpeg)