Segundo Ciclo de E. P.
luns, 2 de marzo de 2026
venres, 6 de febreiro de 2026
Formación en seguridade e saúde
Hoxe tivemos unha charla moi interesante coas doutoras Patricia Martínez, Ágata Vázquez e Maurenis Alonso, que viñeron ao colexio para falarnos do 112 e de como actuar nunha emerxencia. Aprendemos a poñer a unha persoa na posición de seguridade, a chamar pedindo axuda e tamén que é a respiración cardiopulmonar (RCP). Foi unha experiencia moi importante, porque agora sabemos como axudar se alguén o necesita.
Grazas pola vosa visita! 💙
venres, 30 de xaneiro de 2026
30 de xaneiro día escolar da non violencia e da paz.
Hoxe o noso patio encheuse de cor e ilusión coa actividade da paz. Cada neno e nena elaborou o seu propio símbolo da paz empregando materiais tan diversos como cartón, lá, papel, flores e tea, creando así unha explosión de creatividade e alegría.
Para completar o acto, soltamos dous globiños con forma de pombas , que voaron simbolicamente cara ao ceo levando connosco un desexo dun mundo solidario e libre de violencia.
Foi unha xornada sinxela pero chea de significado, na que o alumnado aprendeu que a paz tamén se constrúe con pequenos xestos.
luns, 19 de xaneiro de 2026
ComunicArte, Comunicación, convivencia e Benestar para a comunidade educativa.
O pasado martes iniciamos a nosa primeira sesión do programa ComunicArte. Este programa está orientado a toda a comunidade educativa e pretende contribuír ao benestar dos seus membros e previr a violencia en todas as súas formas, achegando ferramentas e estratexias en materia de comunicación respectuosa, comunicación non violenta, xestión emocional, negociación e resolución de conflitos, entre outras. Todo isto desenvolverase a través de talleres teórico-prácticos que desfrutaremos ao longo das vindeiras semanas.
Grazas, Verónica e Vanesa, por facernos pasar un anaco ben divertido e cheo de aprendizaxe e reflexión!
martes, 2 de decembro de 2025
"Alados"
Da man da nosa nova amiga Tamara, bióloga da asociación para a educación ambiental "Alados Medioambiente", hoxe descubrimos moitas cousas interesantes sobre as aves nocturnas e a súa importancia na natureza e mesmo nas nosas vidas. Tamén investigamos que cousas comen e cales son os seus costumes, sons, etc. Foi unha actividade moi enriquecedora que nos achegou o departamento de Medio Ambiente da Diputación da Coruña.
💚💚💚
mércores, 26 de novembro de 2025
25N- Día Internacional contra a violencia de xénero.
Conmemoramos o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cun mural moi especial baixo o lema: “Que ninguén che corte as ás”.
Cada neno e nena participou creando unhas ás feitas con mans recortadas, símbolo de apoio, liberdade e respecto.
Saída: Xacemento de Caldoval.
O pasado venres visitamos o xacemento arqueolóxico de Caldoval, onde puidemos descubrir como era a vida na época romana, coñecemos as antigas termas, os seus usos e a importancia deste espazo na historia local.
Ademais desfrutamos dun divertido obradoiro no que construimos un tres en raia.
Días diferentes, días de aprendizaxe.




.jpeg)




.jpeg)
