xoves, 24 de xuño de 2021

FIN DE CURSO

 O martes 22 de xuño rematamos o curso cunha gran festa a cargo do mago "JAUJARAMA"  e o Equipo de Animación "LA GUAGUA",

Foi un día moi especial cheo de emocións. 

Agora merecedes un descaso polo gran esforzo que fixestes este ano.


Feliz verán!

Grazas aos alumnos de 4º de Primaria, despídome de vos con moita pena. Fostes un curso moi especial para min. Unha aperta!






PENÚLTIMA XORNADA

O día 21 de xuño fomos convidados pola Biblioteca Municipal a unha sesión de contacontos realizada por Fátima Fernández. 

A media mañá recibimos no cole a visita da Agrupación de Música Tradicional Galega "Airiños da Capela". Tamén participaron os alumnos Antón e Xan, tocando o tamboril e Adrián, a gaita.

 Grazas a todos pola xornada tan divertida que nos fixestes pasar.





.

luns, 21 de xuño de 2021

SUPERNENAS E SUPERNENOS!

Por aprender a sorrir cos ollos, por convivir co frío e coa falta de apertas sempre coa mellor actitude, queda "certificado" que sodes uns valentes!

 Feliz verán e desfrutade das merecidas vacacións.

Ata a volta! 😉


xoves, 17 de xuño de 2021