mércores, 22 de decembro de 2021

"FESTA" DE NADAL

O último día do trimestre foi ben entretido! A pesar de ter que adaptar as actividades para garantir a seguridade un curso máis, non faltou a diversión.

 Cantamos a nosa panxoliña "Cando é Nadal" e acompañámola coas melodías dos metalófonos e xilófonos. Unha mágoa non poder compartilo con vós en directo, pero quedou gravado! 📹


Mentres merendamos un riquísimo chocolate con churros, tivemos a visita dos Reis Magos.


Pero iso non foi todo, estaba agardando por nós un xenial espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto! 



Agora toca descansar e disfrutar destes días. Á volta, agárdanos moito traballo 😉

Boas festas, familias! 🎄

luns, 20 de decembro de 2021

POSTAIS DE NADAL

 Ademais dunhas tiras de cómic (ás que non lembrei sacar foto), nestes días estivemos creativos. Mirade as postais de Nadal que xa colgan na aula. Unha delas saiu onte camiño de cada unha das casas con moito agarimo.