venres, 26 de abril de 2024

Visítanos Estefanía Padullés

O pasado venres 19 de abril recibimos no cole a visita da ilustradora e escritora catalana (residente en Galicia) Estefanía Padullés.

O alumnado de 2º ciclo liu nas ultimas semanas unha das súas obras, titulada "Mª Pita e o Pirata". Xusto despois do recreo, ás 12:30, as nenas e nenos do 2º ciclo baixaron á aula de música (onde lles recibiría Estefanía) onde lles esperaría unha hora coa autora.

A parte de ensinarlles as ilustracións orixinais que acompañan as historias que conta nos libros que publica, fixo algunha demostración en directo da rapidez e a habilidade coa que fai os debuxos e máis adicou un tempo a asinar libro por libro cada un dos exemplares que tiñan os nenos de todos os cursos e tamén os da biblioteca escolar.

Dende o cole, aproveitamos este espazo para agradecer a Estefanía a súa visita e máis para desexarlle toda a sorte do mundo nas súas andanzas nunha profesión tan bonita como a de crear historias para o gozo e o lecer dos máis novos.

Obradoido sobre "Book Trailers"

 Con motivo da promoción da biblioteca creativa, e a proximidade tanto da visita da autora Estefanía Padullés como a celebración do día do libro, o pasado martes 9 de abril o alumnado de 4º de EP, xunto ao de 5º e 6º, tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro para aprender que é un "book trailer" e como se fai. 

Aínda que o alumnado de 3º non asistíu ao obradoiro, si que fixo igualmente o seu propio book trailer do libro que limos no 2º ciclo: Mª Pita e o Pirata, da autora mencionada con anterioridade.

Se facedes click abaixo, seredes redirixidos ao blog da biblioteca do cole, onde poderedes ver non só os book trailers das rapaces e rapazas de 2º ciclo senón tamén os 7 que se fixeron entre os demáis cursos.

BOOK TRAILERS

Agardamos que vos gusten! Apertas!