venres, 26 de abril de 2024

Visítanos Estefanía Padullés

O pasado venres 19 de abril recibimos no cole a visita da ilustradora e escritora catalana (residente en Galicia) Estefanía Padullés.

O alumnado de 2º ciclo liu nas ultimas semanas unha das súas obras, titulada "Mª Pita e o Pirata". Xusto despois do recreo, ás 12:30, as nenas e nenos do 2º ciclo baixaron á aula de música (onde lles recibiría Estefanía) onde lles esperaría unha hora coa autora.

A parte de ensinarlles as ilustracións orixinais que acompañan as historias que conta nos libros que publica, fixo algunha demostración en directo da rapidez e a habilidade coa que fai os debuxos e máis adicou un tempo a asinar libro por libro cada un dos exemplares que tiñan os nenos de todos os cursos e tamén os da biblioteca escolar.

Dende o cole, aproveitamos este espazo para agradecer a Estefanía a súa visita e máis para desexarlle toda a sorte do mundo nas súas andanzas nunha profesión tan bonita como a de crear historias para o gozo e o lecer dos máis novos.

Obradoido sobre "Book Trailers"

 Con motivo da promoción da biblioteca creativa, e a proximidade tanto da visita da autora Estefanía Padullés como a celebración do día do libro, o pasado martes 9 de abril o alumnado de 4º de EP, xunto ao de 5º e 6º, tivo a oportunidade de asistir a un obradoiro para aprender que é un "book trailer" e como se fai. 

Aínda que o alumnado de 3º non asistíu ao obradoiro, si que fixo igualmente o seu propio book trailer do libro que limos no 2º ciclo: Mª Pita e o Pirata, da autora mencionada con anterioridade.

Se facedes click abaixo, seredes redirixidos ao blog da biblioteca do cole, onde poderedes ver non só os book trailers das rapaces e rapazas de 2º ciclo senón tamén os 7 que se fixeron entre os demáis cursos.

BOOK TRAILERS

Agardamos que vos gusten! Apertas!

martes, 27 de febreiro de 2024

"Has de cantar" (Rosalía de Castro)

Para celebrar o día de Rosalía de Castro, o alumnado do 2º ciclo de EP recitou o poema da autora titulado "Has de cantar".

Deixámosvos o vídeo para que o disfrutedes, como puidemos facelo nós en directo. Saúdos!



xoves, 15 de febreiro de 2024

Entroido 2024

Un entroido pasado por auga, este ano foi protaganista a vida mariña e a concienciación sobre o coidado dos nosos mares e océanos.

Foi un día con moita actividade, comezamos con sesión de fotos para continuar coa actuación de Silbarda despois tivo lugar o desfile no que mostramos os nosos traxes de entroido, seguimos co xuízo do Meco e para coller forzas para o baile...tomamos unha merenda ben rica, chocolate con churros!😋




sábado, 3 de febreiro de 2024

30 de xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz


Coma cada 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e da paz. Construímos a árbore da paz, para isto cada neno e nena elaborou un símbolo relacionado co que representa a paz para eles e elas,  e...mirade que bonita nos quedou!
Grazas familias pola vosa colaboración!❤




Bailamos a canción de Álvaro Soler  "Bajo el mismo sol", grazas David pola paciencia!, e despois desfrutamos duns divertidos xogos cooperativos e colaborativos que preparou o profe Fer.




venres, 5 de xaneiro de 2024

Festival de Nadal

Como xa sabedes, o xoves día 21 de decembro, último día lectivo do primeiro trimestre, celebramos no cole o tradicional Festival de Nadal. O alumnado do 2º ciclo de EP levaba semanas preparando e ensaiando unha coreografía para a canción de "Feliz Navidad", cos titores e especialmente con David, o mestre de música. 

Tod@s eles asistiron disfrazados de elfos e fixeron unha fantástica actuación para contribuir ao desenvolvemento dun festival que gustou moito a pequenos e maiores. 

Deixámosvos unhas imaxes do día. BO NADAL!