mércores, 29 de novembro de 2023

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Con motivo do mes de novembro, o mes da ciencia, o alumnado do segundo ciclo de EP do cole fixo dous experimentos científicos. 

Por unha banda, o alumnado de 3º curso levou a cabo un experimento relacionado coa densidade, o cal poderedes ver no próximo vídeo.


Por outra banda, o alumnado de 4º curso desenvolveu un experimento relacionado coa presión. Deixámosvos tamén aquí o vídeo. Esperamos que vos gusten. 


luns, 27 de novembro de 2023

25N TEATRO E OBRADOIRO

 Esta semana tivemos no cole actividades moi divertidas, o xoves comezamos con Teatro Ghazafelhos. 

A obra representada, Travesía Unicornio, fala da importancia de escoitarse, aceptarse e o máis improtante, aceptar tamén os desexos dos demais para que se cumplan os propios.



Para rematar a semana os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria gozaron dun Escape Room, no que resolveron unha serie de retos nos que coñeceron algunhas personalidades que axudaron no camiño pola igualdade real. 
Descubriron vocabulario non sexista, pintaron, pensaron, resolveron crebacabezas … un divertido xogo acompañado da aprendizaxe de novos conceptos en materia de igualdade.





mércores, 8 de novembro de 2023

SAIDA A FERROL. VAIA RITMOS!

 Hoxe viaxamos a Ferrol, achegámonos á Afundación Abanca onde desfrutamos do espectáculo"Vaia ritmos" a cargo de Odaiko percussion Group. 

Ritmo, música, movementoe humor foron os protagonistas dunha mañá moi agradable.