luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

 Conmemoramos o día da paz plantando e coidando sementes que agardamos axiña florezan.



 

domingo, 29 de xaneiro de 2023

CONSTRUÍMOS OS NOSOS ECOSISTEMAS

Despois de investigar os elementos dun ecosistema, e de estudar a clasificación dos mesmos, construímos os nosos propios ecosistemas, porque... que mellor xeito de aprender que facendo?

Pasámolo xenial e durante o proceso desenvolvemos a nosa creatividade e capacidade crítica, tomamos decisións e o mellor de todo creamos equipo.

Mostrámosvos como nos quedaron os nosos traballiños.



CAMBIO CLIMÁTICO

Tarefa de motivación para comezar a aprender cousiñas sobre o tempo, o clima, o cambio climático...

Empregamos a colección de libros informativos e ilustrados cedida, durante un mes, polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.





sábado, 14 de xaneiro de 2023

"COÑECE A TÚA CONTORNA". Flora e fauna das Fragas do Eume e estampado de follas en tea.

Hoxe tivemos a oportunidade de seguir  aprendendo sobre as Fragas do Eume, recibimos a visita de Fran que nos falou da flora e fauna das fragas e de que accións podemos levar a cabo para coidalas e mantelas.

Despois realizamos un divertido obradoiro de estampado de follas de árbores da contorna en tea.