venres, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022 - Visita de Charo Pita

Esta mañá visitounos a autora do libro que estivemos lendo recentemente: Andar aos biosbardos. Ademais de falar con ela sobre as personaxes e os contos baixo o freixo engurrado que dan forma a ese libro, asinou os nosos exemplares, ofreceunos a divertida historia de A rúa da Tixola e sobre todo, conseguiu que esa sesión nos soubese a pouco coa súa xenial forma de narrar. 

 Entra no blog da biblio para coñecer máis sobre a conmemoración do Día do Libro no noso cole.



mércores, 20 de abril de 2022

SEMENTAR, SEMENTAREI...

 Seguimos co noso "minihorto". Hoxe sementamos leitugas, cenorias e tomates. A ver se conseguimos facer unha boa ensalada dentro dunhas semaniñas. 🌱



xoves, 7 de abril de 2022

EXHIBICIÓN: UNIDADE CANINA DE RESCATE

A asociación Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA) ofreceunos hoxe unha demostración da súa importante labor. Encantounos ver o ben que traballan estes amiguiños de catro patas: Arnold, Thor e Anka. 🐾