martes, 27 de decembro de 2022

FESTIVAL DE NADAL

 Que ben o pasamos, rimos, cantamos, bailamos, desfrutamos das acutacións dos nosos compañeiros e compañeiras e agora...toca descansar para voltar con forza!!





domingo, 27 de novembro de 2022

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Unímonos en contra da violencia, facémolo con moito corazón e cun obradoiro de elaboración de flores a partir de follas de millo.

martes, 22 de novembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA 20 DE NOVEMBRO

O Día do Neno celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo reflexionamos sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, tamén conversamos sobre os dereitos da infancia e recordamos que por cada dereito que teñen os nenos e nenas tamén hai a lo menos un deber que cumplir.

xoves, 17 de novembro de 2022

DÍA DO PEÓN

Como todos os anos por estas datas, celebramos o esperado Día do Peón, que trala demostración dos nosos expertos, puxémonos todos a facelos bailar. Pero, como non podería ser doutro modo, e gozando do bo tempo, levamos a cabo outros xogos tradicionais ao aire libre como son os zancos, as chapas, a chave, os aros e a zorregada.

mércores, 16 de novembro de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA DE NARÓN E AO TEATRO

Este martes visitamos a biblioteca de Narón alí explicáronnos o seu funcionamento, actividades que levan a cabo e a organización dos libros, ademais desfrutamos dun contacontos "Quen necesita un sombreiro máxico?"
Despois asistimos ao teatro, fomos espectadores de "Carabela", unha obra teatral escrita por Paula Carballeira, trátase dunha historia da cociñeira dun barco que naufraga nunha illa de plástico. Alí contrúe unha nena de plástica para saír da soidade na que se atopa, rodeada de peixes mutantes, de paxaros choróns e de residuos que non alimentan.

luns, 31 de outubro de 2022

SAMAÍN 2022

A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santo.



















DÍA DAS BIBLIOTECAS

  Celebramos o día das bibliotecas baixo o lema deste curso "Biblio TEcuida" que se centra en destacar o papel das bibliotecas de distinta tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen.

Deixámosvos mostra do ben que o pasamos.






DÍA DAS BIBLIOTECAS NA CASA DA CULTURA

Desfrutamos da actuación do mago David Méndez co espectáculo "Maxia de aquí e de acolá". 

Sen dúbida un día cheo de maxia, diversión e emocións, gracias á biblioteca municipal da Capela por convidarnos.


















xoves, 23 de xuño de 2022

FESTA DE FIN DE CURSO!

Despedimos o curso cunha gran festa agasallo da ANPA na que non faltou de nada: inchables, fútbol en burbulla, scape room, chapas, música, baile, etc. Pasámolo xenial, gracias!

Bo verán! Vémonos en setembro 😉🌞






luns, 20 de xuño de 2022

VISITA Á GRANXA ESCOLA BELELLE

Hoxe pasamos unha gran xornada na Granxa Escola Belelle, en Neda.

Aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría, desfrutamos igualmente das actividades que as monitoras nos tiñan preparadas nos dous obradoiros: o do pan e o de equitación. Aprendemos e divertímonos moito!

🍞🐎🌳







domingo, 19 de xuño de 2022

CONCURSO DE LETTERING

 Esta semana participamos no concurso de lettering que organizaron os/as nosos/as compañeiros/as de 6º, con entrega de premios incluida. 👏




sábado, 4 de xuño de 2022

MULLERES EMPODERADAS

Os pasados 27 de maio e 3 de xuño participamos nas actividades organizadas polo Concello da Capela baixo o lema "Mulleres empoderadas" (actividade enmarcada dentro do Pacto contra a Violencia de Xénero). 

Na primeira das sesións, UN FIN EMPODERADO, versionamos un conto clásico cambiando o rol das protagonistas femininas.💜 


Na última sesión, COCIÑA SEN XÉNERO, tíñannos preparada unha búsqueda do tesouro con imaxes de diferentes cociñeiros e cociñeiras e pistas para dar cos ingredientes dunha receita. Como o fixemos tan ben, levamos de premio unha merenda saudable e moitas máis cousas. 

Graciñas! 



xoves, 2 de xuño de 2022

IMPRIMINDO EN 3D!

 Hoxe coñecemos o funcionamento dunha nova ferramenta que nos trouxo Cusco, a impresora 3D. Mentres se imprimía a figura dun esquío, argallamos e probamos a deseñar os nosos propios modelos co programa Doodle3D. Como primeira toma de contacto, non estivo mal!