mércores, 29 de novembro de 2023

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Con motivo do mes de novembro, o mes da ciencia, o alumnado do segundo ciclo de EP do cole fixo dous experimentos científicos. 

Por unha banda, o alumnado de 3º curso levou a cabo un experimento relacionado coa densidade, o cal poderedes ver no próximo vídeo.


Por outra banda, o alumnado de 4º curso desenvolveu un experimento relacionado coa presión. Deixámosvos tamén aquí o vídeo. Esperamos que vos gusten. 


luns, 27 de novembro de 2023

25N TEATRO E OBRADOIRO

 Esta semana tivemos no cole actividades moi divertidas, o xoves comezamos con Teatro Ghazafelhos. 

A obra representada, Travesía Unicornio, fala da importancia de escoitarse, aceptarse e o máis improtante, aceptar tamén os desexos dos demais para que se cumplan os propios.



Para rematar a semana os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria gozaron dun Escape Room, no que resolveron unha serie de retos nos que coñeceron algunhas personalidades que axudaron no camiño pola igualdade real. 
Descubriron vocabulario non sexista, pintaron, pensaron, resolveron crebacabezas … un divertido xogo acompañado da aprendizaxe de novos conceptos en materia de igualdade.





mércores, 8 de novembro de 2023

SAIDA A FERROL. VAIA RITMOS!

 Hoxe viaxamos a Ferrol, achegámonos á Afundación Abanca onde desfrutamos do espectáculo"Vaia ritmos" a cargo de Odaiko percussion Group. 

Ritmo, música, movementoe humor foron os protagonistas dunha mañá moi agradable.









martes, 31 de outubro de 2023

CONCURSO DE CABAZAS

Como cada ano pola semana de Samaín, chega ao cole o xa tradicional concurso de cabazas. As nenas e os nenos supéranse cada ano, e neste puidemos disfrutar dunha exposición de cabazas fermosísimas e sobre todo súper orixinais. 



Deixamos aquí constancia da participación das nenas e nenos do 2º ciclo de EP. 




Os finalistas deste ciclo foron: Yaiza, Naiara, Xavi (4º) e Inés (3º).





Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e o voso esforzo!!! 


sábado, 28 de outubro de 2023

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Este ano baixo o fío condutor "tecendo comunidades" celebramos, como xa ven sendo habitual no noso cole, o día das bibliotecas.

Con este lema destacamos o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de fortes lazos dentro das nosas comunidades.

Aquí deixamos unhas imaxes dos finalistas do concurso de slogans. Parabens Lucas e Antón!


E unhas imaxes da celebración. Non olvidedes botarlle un vistazo ao blogue da biblioteca.



mércores, 25 de outubro de 2023

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Hoxe fixémonos un pouco máis expertos en hábitos de vida saudables. Tanto o exercicio coma a nosa dieta teñen unha repercusión directa na nosa saúde.


Pasatempos e xogos nos que aprendemos que é iso do semáforo nutricional, contámosvos... clasificamos os alimentos en tres cestos, adiviñades as cores? pois verde, laranxa e vermello, coma un semáforo, no cesto verde ían aqueles alimentos que debemos tomar a diario (verduras, roita, auga...), no laranxa aqueles que podemos inxerir varias veces á semana (peixe, carne, ovos...) e no vermello aqueles alimentos que só debemos inxerir ocasionalmente (refrescos, patacas fritas, chucherías...)


         



mércores, 21 de xuño de 2023

REMATAMOS O CURSO CON XOGOS E MAXIA.

 Chegaron as tan esperadas vacacións e para despedirnos primeiro desfrutamos da actuación do Mago Dani e despois Xosé Manuel Ribeira ensinounos diferentes xoguetes que el mesmo deseña e constrúe, despois preparou uns obradoiros moi divertidos para os nenos e nenas.




EDUCACIÓN VIARIA

 A policía local de Narón veu ao noso cole, pasamos unha xornada moi divertida na que aprendemos moito sobre educación viaria.




EXCURSIÓN FIN DE CURSO.

Pasamos un día cheo de diversión, primeiro fixemos unha ruta de senderismo polas Fragas do Eume e despois desfrutamos de diferentes hinchables e xogos ao aire libre.

Pasámolo xenial!

Facede clic aquí para ver as imaxes do día




CIRCANDO

Circando aterriza na Capela cunha gala de circo, humor, malabarismo e maxia, acompañado en todo momento de música, no que os números vanse sucedendo de maneira moi dinámica, e na cal o pequeno público, non parou de rir e pasar momentos moi divertidos. Un día xenial para despedirnos deste curso con bo humor!! 




domingo, 18 de xuño de 2023

MAQUETA DUNHA FLOR

Para afondar no coñecemento da nosa contorna e coñecer máis en profundidade as plantas, o alumnado de 4º de EP levou a cabo un traballo moi interesante e despois de facer un traballo de investigación decidiron construír unha maqueta na que se diferencien as partes máis importantes dunha flor e mostrarllo aos compañeiros e compañeiras do cole.






domingo, 11 de xuño de 2023

FABRICAMOS PAPEL RECICLADO.


Dentro do noso PDI promovemos o coidado do medio ambiente e por iso decidimos darlle unha segunda vida ao papel que ía ao contenedor azul.

martes, 2 de maio de 2023

Emociona-T

 Visítanos Ana Loredo para falarnos das emocións e da súa importancia.

Os nenos e nenas desfrutan dun obradoiro no que profundizan no coñecemento das distintas emocións, como identificalas e como xestionalas.



EDUCANDO CON MALIBÚ

 Malibú visita o noso cole para ensinarnos a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respeto cara os animais.

Malibú foi abandoada, afortunadamente foi rescatada e agora vive feliz!





xoves, 6 de abril de 2023

VISITAMOS FERROL

 O pasado 30 de marzo visitamos o Porto interior de Ferrol, a lonxa e...dimos un paseo en barco pola ría. Foi moi interesante aprendemos como se leva a cabo o control do porto, aprendemos sobre as distintas especies que produce a ría e o paseo en barco permitiunos aprender moito sobre a historia de Ferrol.

Unha xornada marabillosa!






mércores, 22 de marzo de 2023

MAÑÁS CHEAS DE EMOCIÓNS E TRABALLO EN EQUIPO.


Fai un tempo tivemos unha visita moi especial, a dos amigos de Cusco, e sabedes que? traían unhas esencias moi moi importantes, as das emocións, pero... entraron uns ladróns no cole e roubáronas, Bea rapidamente chamou aos inspectores da Asociación Alenta e foron eles quen nos axudaron a recuperalas, pero para iso tivemos que investigar e aprender moito sobre as emocións, e sobre como tapar ao noso tigre cando se destapa, (bonita historia a que nos contaron os inspectores de Alenta verdade?)

Agora deixámosvos unha mostra dalgúns dos momentos vividos durante esta mañá tan máxica.





venres, 10 de marzo de 2023

PILABOT

Aprendemos un pouquiño máis sobre que son as pilas, que tipos existen, cales son os seus compoñentes e como é o seu proceso de reciclaxe.

Pasamos un anaco cheo de diversión e aprendizaxe e continuamos a encher as nosas mochilas de ferramentas que nos permitan coidar a nosa contorna.

Grazas Pilabot.



COIDAMOS OS NOSOS DENTES!

Tivemos unha charla moi interesante sobre a importancia de manter coidados e sans os nosos dentes e de que tipo de accesorios débense empregar para unha limpeza adecuada da boca.




domingo, 19 de febreiro de 2023

ENTROIDO

 Este entroido os nenos e nenas de terceiro e cuarto inundan as rúas de A Capela de choiva e neve.



venres, 3 de febreiro de 2023

APRENDEMOS XOGANDO

Hoxe a profe Alba fíxonos gozar dunha sesión chea de diversión e aprendizaxe.

A través do xogo  traballamos o pensamento computacional, o cumprimento  das normas, a resolución de problemas, a xestión das emocións e a atención.




luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

 Conmemoramos o día da paz plantando e coidando sementes que agardamos axiña florezan.



 

domingo, 29 de xaneiro de 2023

CONSTRUÍMOS OS NOSOS ECOSISTEMAS

Despois de investigar os elementos dun ecosistema, e de estudar a clasificación dos mesmos, construímos os nosos propios ecosistemas, porque... que mellor xeito de aprender que facendo?

Pasámolo xenial e durante o proceso desenvolvemos a nosa creatividade e capacidade crítica, tomamos decisións e o mellor de todo creamos equipo.

Mostrámosvos como nos quedaron os nosos traballiños.



CAMBIO CLIMÁTICO

Tarefa de motivación para comezar a aprender cousiñas sobre o tempo, o clima, o cambio climático...

Empregamos a colección de libros informativos e ilustrados cedida, durante un mes, polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.





sábado, 14 de xaneiro de 2023

"COÑECE A TÚA CONTORNA". Flora e fauna das Fragas do Eume e estampado de follas en tea.

Hoxe tivemos a oportunidade de seguir  aprendendo sobre as Fragas do Eume, recibimos a visita de Fran que nos falou da flora e fauna das fragas e de que accións podemos levar a cabo para coidalas e mantelas.

Despois realizamos un divertido obradoiro de estampado de follas de árbores da contorna en tea.