luns, 31 de outubro de 2022

SAMAÍN 2022

A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santo.



















DÍA DAS BIBLIOTECAS

  Celebramos o día das bibliotecas baixo o lema deste curso "Biblio TEcuida" que se centra en destacar o papel das bibliotecas de distinta tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen.

Deixámosvos mostra do ben que o pasamos.






DÍA DAS BIBLIOTECAS NA CASA DA CULTURA

Desfrutamos da actuación do mago David Méndez co espectáculo "Maxia de aquí e de acolá". 

Sen dúbida un día cheo de maxia, diversión e emocións, gracias á biblioteca municipal da Capela por convidarnos.