xoves, 24 de marzo de 2022

SAÍDA Á CONTORNA: Museo Etnográfico de A Capela

Visita o blog da biblio facendo clic na seguinte ligazón. Alí poderás coñecer algunha mostra de canto aprendemos nestes últimos días sobre o patrimonio cultural, natural e persoal da Capela.

PDI - Coñece a túa contorna: Visita ao Museo Etnográfico de A Capela



TRANSPLANTANDO

Comezamos coa nosa plantación! Hoxe tocou transplantar uns pés de amorodos, pero xa estamos contando os días que faltan para saborealos! 😋

Improvisamos un minihorto reutilizando uns pneumáticos vellos que, grazas a Mari, a nosa conxerxe, locen ben bonitiños. 🌱


luns, 21 de marzo de 2022

21 de marzo - DÍA DOS BOSQUES

Desde hoxe, este castiñeiro xa forma parte do noso cole. Coidarémolo con mimo para que nos regale por moito tempo o osíxeno, castañas e unha sombra na cal acubillarse. 🌳🌰

Visitade o blog da biblio  para saber máis sobre este día.





sábado, 12 de marzo de 2022

ABELLAS NA ESCOLA

 A vida no planeta depende das nosas amiguiñas polinizadoras. Quedounos ben claro con Nicolás Taracido, quen nos achegou ao mundo da apicultura explicándonos como son as abellas, como se organizan (incluso en directo na súa colmea de observación), que beneficios nos aportan... Ata puidemos probar o rico mel e facer unha candea con cera natural. 

👏🐝