sábado, 31 de outubro de 2020

MAGOSTO E SAMAÍN

O venres pasado celebramos o Magosto e o Samaín.
 A 1ª hora fixemos os conos das castañas e decoramos a clase con mandalas, morcegos, bruxas, pantasmas...

A 2ª hora baixamos o pavillón e participamos nos xogos populares que tiña preparados Iván, o mestre de Educación Física. 

A 3ª hora cantamos e gravamos con Sandra, a mestra de Lingua Inglesa, a banda sonora da película "A familia Adams". 
Para rematar visionamos a película infantil "A familia Adams".
Pasámolo xenial!






















mércores, 28 de outubro de 2020

TEMPO DE SAMAÍN!

Se queredes coñecer máis sobre o Samaín, aquí tedes unha actividade para pasalo de medo! Hai xogos, contos, bailes... 

martes, 27 de outubro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Onte, na hora de ler recibimos a visita de Cusco e tróuxonos unha gran sorpresa...A MOCHILA VIAXEIRA! Dentro dela podedes atopar libros de temáticas diferentes. Espero que desfrutedes!




xoves, 22 de outubro de 2020

"ESTRAFALARIA"

 Hoxe fomos á Casa da Cultura convidados pola Biblioteca a ver "Estrafalaria" de Atenea García.

Pasámolo moi ben!





CONTOS DE MEDO

 O 24 de setembro os nenos e nenas de 4º , 5º e 6º acudimos á Casa da Cultura , convidad@s pola Biblioteca da Capela , para asistir ao  espectáculo " Contos para pasalo de medo " , a cargo de Carmen Domech .

Foi moi divertido!