xoves, 22 de setembro de 2016

A FUNCIÓN DE RELACIÓN
Os seres vivos relacionámonos cando sentimos o que pasa ao noso arredor e facemos algo (reaccionamos). Para relacionarnos facemos tres cousas:
1.- Recollemos a información.
2.- Preparamos a resposta.
3.- Reaccionamos.
1º Recollemos a información cos cinco sentidos: vista, oído, olfacto, gusto e tacto.

2º Preparamos a resposta: O cerebro pensa que debemos facer con esa información e decide dar unha orde a calquera parte do corpo.

3ºReaccionamos cando os músculos reciben órdenes do cerebro (pararse, moverse, ...)

 http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/relacion_01/frame_prim.swf

luns, 19 de setembro de 2016

p

PLACAS TECTÓNICAS, VOLCÁNS E TERREMOTOS

Para comprender o movemento das placas continentais pode ser interesante ver a animación do seguinte vídeo