venres, 26 de abril de 2024

Visítanos Estefanía Padullés

O pasado venres 19 de abril recibimos no cole a visita da ilustradora e escritora catalana (residente en Galicia) Estefanía Padullés.

O alumnado de 2º ciclo liu nas ultimas semanas unha das súas obras, titulada "Mª Pita e o Pirata". Xusto despois do recreo, ás 12:30, as nenas e nenos do 2º ciclo baixaron á aula de música (onde lles recibiría Estefanía) onde lles esperaría unha hora coa autora.

A parte de ensinarlles as ilustracións orixinais que acompañan as historias que conta nos libros que publica, fixo algunha demostración en directo da rapidez e a habilidade coa que fai os debuxos e máis adicou un tempo a asinar libro por libro cada un dos exemplares que tiñan os nenos de todos os cursos e tamén os da biblioteca escolar.

Dende o cole, aproveitamos este espazo para agradecer a Estefanía a súa visita e máis para desexarlle toda a sorte do mundo nas súas andanzas nunha profesión tan bonita como a de crear historias para o gozo e o lecer dos máis novos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario