venres, 28 de xaneiro de 2022
mércores, 22 de decembro de 2021
"FESTA" DE NADAL
O último día do trimestre foi ben entretido! A pesar de ter que adaptar as actividades para garantir a seguridade un curso máis, non faltou a diversión.
Cantamos a nosa panxoliña "Cando é Nadal" e acompañámola coas melodías dos metalófonos e xilófonos. Unha mágoa non poder compartilo con vós en directo, pero quedou gravado! 📹
luns, 20 de decembro de 2021
POSTAIS DE NADAL
Ademais dunhas tiras de cómic (ás que non lembrei sacar foto), nestes días estivemos creativos. Mirade as postais de Nadal que xa colgan na aula. Unha delas saiu onte camiño de cada unha das casas con moito agarimo.
xoves, 25 de novembro de 2021
25 - N: Obradoiro de ilustración pola igualdade
sábado, 20 de novembro de 2021
xoves, 11 de novembro de 2021
mércores, 3 de novembro de 2021
COÑECENDO OS VOLCÁNS II
A semana pasada por fin fixemos que o noso pequeno volcán entrase en erupción. Como expertos/as científicos/as, mesturamos os compoñentes necesarios para que se producise a agardada reacción. Todo hai que dicilo, resultounos algo escasa, pero conseguimos facernos á idea.











