venres, 28 de xaneiro de 2022

mércores, 22 de decembro de 2021

"FESTA" DE NADAL

O último día do trimestre foi ben entretido! A pesar de ter que adaptar as actividades para garantir a seguridade un curso máis, non faltou a diversión.

 Cantamos a nosa panxoliña "Cando é Nadal" e acompañámola coas melodías dos metalófonos e xilófonos. Unha mágoa non poder compartilo con vós en directo, pero quedou gravado! 📹


Mentres merendamos un riquísimo chocolate con churros, tivemos a visita dos Reis Magos.


Pero iso non foi todo, estaba agardando por nós un xenial espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto! 



Agora toca descansar e disfrutar destes días. Á volta, agárdanos moito traballo 😉

Boas festas, familias! 🎄

luns, 20 de decembro de 2021

POSTAIS DE NADAL

 Ademais dunhas tiras de cómic (ás que non lembrei sacar foto), nestes días estivemos creativos. Mirade as postais de Nadal que xa colgan na aula. Unha delas saiu onte camiño de cada unha das casas con moito agarimo.













xoves, 25 de novembro de 2021

25 - N: Obradoiro de ilustración pola igualdade

Facede clic aquí para entrar na Biblio de Cusco e coñecer máis actividades coas que conmemoramos este día. 



Comparto con vós un contacontos da historia "Artur e Clementina" (Adela Turin) narrado por
Carmen Domenech. A comezos do curso xa tivemos o pracer de desfrutalo en directo na Casa da Cultura grazas á Biblioteca Municipal. Pero hoxe é un día especial para lembralo.

xoves, 11 de novembro de 2021

mércores, 3 de novembro de 2021

COÑECENDO OS VOLCÁNS II

A semana pasada por fin fixemos que o noso pequeno volcán entrase en erupción. Como expertos/as científicos/as, mesturamos os compoñentes necesarios para que se producise a agardada reacción. Todo hai que dicilo, resultounos algo escasa, pero conseguimos facernos á idea.