Onte de novo puidemos desfrutar dunha
xornada ao aire libre. 
Luz explicounos estupendamente os
factores que inflúen na propagación de incendios e tamén como previlos e manter
o noso monte nas condicións axeitadas.
Deseguida puxemos rumbo a un dos
recantos do noso monte máis próximo con tres finalidades: visitar a Central
Hidroeléctrica do Eume, realizar un pequeno roteiro ata a antiga central e
continuar coa actividade de prevención de incendios que comezaramos no cole
participando nunha ginkana. Ah! E merendar nunha contorna
inigualable, por suposto.
Graciñas a todos os que colaborastes
neste gran día: o concello da Capela, Luz e Secundino. 
Eu miro polo meu monte!








Ningún comentario:
Publicar un comentario