O pasado 30 de outubro, celebramos o Día de Samaín cunha xornada chea de diversión e misterio. O alumnado trouxo as súas propias cabazas para o concurso de Samaín, amosando gran creatividade e imaxinación. Moitas grazas a todos os participantes por facer desta actividade un verdadeiro éxito!
Parabéns aos gañadores de segundo ciclo do concurso de cabazas, Leyre, Artai e Nina!
Ademais, a Santa Compaña fixo unha visita moi especial, sorprendendo a grandes e pequenos! E... para rematar, a Bruxa Maruxa chegou ao colexio para contarnos unhas historias cheas de maxia que nos deixaron a todos fascinados.
Grazas á nosa Anpa por tanto esforzo!

.jpeg)




Ningún comentario:
Publicar un comentario